Quen somos
Formamos parte deste proxecto BAMAD Galicia, Asociación de profesionais de Arquivos, Bibliotecas, Museos e centros de Documentación de Galicia e a Fundación Olga Gallego.
BAMAD-Galicia e unha asociación profesional que ten entre os seus fins a defensa e a formación dos profesionais de Arquivos, Bibliotecas, Museos e Centros de Documentación de Galicia. Para levalos a cabo desenvolve, entre outras, actividades relacionadas coa promoción, o desenvolvemento e a difusión do patrimonio cultural; realiza cursos, conferencias, seminarios e outras actividades docentes encamiñadas á formación; organiza congresos, xornadas, exposicións e certames sobre temas de interese para as persoas asociadas.
A Fundación Olga Gallego é unha institución privada, sen ánimo de lucro, recoñecida de interese galego e cultural, constituída por iniciativa de Pilar Gallego Domínguez en memoria da súa irmá a arquiveira Olga Gallego; un espazo participativo e solidario que fomenta a reflexión e o intercambio de ideas sobre todos os aspectos que preocupan á comunidade arquivística galega, mantendo como referente o espírito de compromiso cos arquivos, arquiveiros e arquiveiras que practicou Olga Gallego ao longo da súa vida profesional. As actividades que presentaremos nesta web reflectiran estes obxectivos.
Se queredes saber máis de nós podedes consultar as nosas páxinas web