Xornadas de Memoria Documental de Galicia: As mulleres, a información e os centros da memoria e IV Xornadas da Fundación Olga Gallego, organizadas por Bamad Galicia e a Fundación Olga Gallego. Santiago de Compostela, 1-2 de abril de 2022.
Actas Completas
Día 1 de Abril
1) Inauguración
- Inauguración a cargo de Pedro López da Fundación Olga Gallego: Una archivera y un recuerdo, Vicenta Cortés Alonso.
- Arredor da memoria: redes de transmisión; conferencia inaugural a cargo da filósofa María Xosé Agra: Doutora en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela. Catedrática xubilada de Filosofía Política da USC. Na actualidade colaboradora do Grupo de investigación Xustiza e Igualdade (USC)
2) Bibliotecas: Perspectiva de xénero e biblioteconomía
- Perspectiva de xénero en biblioteconomía e Centros de Documentación. Ana M. Muñoz Muñoz, Profesora titular do Departamento de Información e Comunicación da Universidade de Granada. Membro da Comisión do Programa de doutoramento Estudos das Mulleres: Discursos e Prácticas de Xénero, e do Grupo de Investigación: EC3-Avaliación da Ciencia e da comunicación científica
- Políticas bibliotecarias e perspectiva de xénero. Alexia Luiña López, Directora da Biblioteca Central de Cantabria. Lic. en Bibliot. e Doc.Membro da Comisión de Bibliotecas Públicas e do Comité de Visibilidade en Catálogos da Comisión de Igualdade e Bibliotecas do CCB do Ministerio de Cultura
3) Comunicación: “O arquivo persoal de Ángeles Alvariño: un océano para explorar”. Susana Guitar Novo
4) Información, investigación e feminismo, que esperan das institucións da memoria?
- Xornalismo: Tamara Montero Barreiro, Licenciada en Xornalismo pola USC, escribe en La Voz de Galicia desde o ano 2008 sobre temas de sociedade e cultura. Vicepresidenta da Asociación de comunicadoras feministas Xornalistas Galegas
- Investigación:
- “Os arquivos das presas do franquismo, itinerario”: Fernando Hernández Holgado, Profesor de Historia Moderna e Contemporánea da Universidade Complutense de Madrid. Coordinador do portal Memoria da prisión de mulleres de Les Corts da Associació per la Cultura i la Memòria de Catalunya.
- “Como revertir as desigualdades nos museos: cara unha crítica feminista”: Guadalupe Jiménez Esquinas, Profesora de antropoloxía na USC. Doutora pola Universidade do País Vasco e máster en estudos de xénero. O seu traballo céntrase na análise feminista dos procesos de patrimonialización
Día 2 de Abril
5) Arquivos e perspectiva de xénero:
- Arquivos e feminismo: a experiencia no Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega: Mariam Mariño Costales, Licenciada en Filosofía pola Univ. de Santiago de Compostela e investigadora en temas de Antropoloxía Aplicada. Mestrado en Educación, Xénero e Igualdade. Traballa en exclusión e discriminación social, sexualidade, sexo/xénero, feminismos, redes sociais e construción de identidades
- Políticas arquivísticas e perspectiva de xénero: Nosoutras e os arquivos; apuntes para unha arquivística feminista: Olimpia López Rodríguez, Facultativa Superior no Arquivo Xeral Territorial de Lugo da Xunta de Galicia. Membro de BAMAD-Galicia e na actualidade a súa presidenta, do padroado da Fundación Olga Gallego e da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega
6) Memoria das Mulleres: Fóra de circuíto, fóra das institucións
- O xiro arquivístico (archival turn) desde as marxes: unha análise do lugar do arquivo no activismo feminista e no monacato feminino. Núria Jornet Benito, Docente en arquivística, arquivos persoais e coleccións patrimoniais, paleografía e cultura escrita no Departamento de Biblioteconomía, Documentación e Comunicación Audiovisual da Univ. de Barcelona. Tese sobre a fundación do primeiro mosteiro de Clarisas e do seu arquivo monástico.
- Memoria social: Arquivo de Vite: ViteArquiva: un barrio de memoria:
- Paula Ballesteros Arias, Antropóloga e arqueóloga. Participa en proxectos nos que se vincula o patrimonio inmaterial e a participación comunitaria. Actualmente técnica de investigación do Incipit CSIC. Forma parte de ViteArquiva.
- Brais Santomil Cao, Estudos en Filoloxía galega. Coordinador de ViteArquiva.
7) Museos: perspectiva de xénero e divulgación
- Perspectiva de xénero e museoloxía. Marián López Fernández Cao, Profesora de Arteterapia e Educación Artística na Facultade de Educación. Vicepresidenta de European Consortium of Arts Therapies Education, e Directora do Grupo de Investigación Aplicación da Arte: da arte á inclusión social.
- Divulgación histórica e perspectiva feminista. Marga Sánchez Romero, Catedrática de Prehistoria na Univ. de Granada e membro do Instituto Universitario de Investigación de Estudos das Mulleres e de Xénero. A súa investigación céntrase na Arqueoloxía das Mulleres e as relacións de xénero
8) Conferencia de clausura: “A memoria xenealóxica imaxinal: de Eurídice a María Casares, unha viaxe”. Marifé Santiago Bolaños
Conferencia de clausura de Marifé Santiago Bolaños, Escritora e doutora en Filosofía pola Univ. Complutense. Profesora de Estética e Teoría das Artes na Univ. Rey Juan Carlos. Patrona da Fundación María Zambrano e Académica da Real Academia de Historia y Arte de San Quirce. Membro da Academia das Artes Escénicas de España e Vicepresidenta de “Clásicas y Modernas” asoc. para a igualdade entre mulleres e homes na cultura.