Xornadas: Á procura do pasado para armar o futuro. O rural e as institucións da memoria
Relatoras e Relatores
Jeff Alberghi
Fundador da rede Europimpulse Network, xefe de proxectos no Ecomuséu La Ponte e avaliador para a Axencia Nacional francesa do programa europeo Erasmus+. Desenvolve programas de mentorización e de incubación de proxectos de cooperación europea e facilita procesos participativos e de Intelixencia Colectiva con enfoque local e internacional.
Angel Arcay Barral
Licenciado en Historia pola USC, con especialización en Patrimonio Documental e Bibliográfico; e Máster en Historia e Patrimonio pola Universidade do Porto, con especialización en Arquivos. Actualmente é director do Museo das Mariñas de Betanzos e da Biblioteca e o Arquivo Municipal.
Benito Burgos Barrantes
Xestor e investigador cultural e conservador de museos do Ministerio de Cultura, con experiencia profesional en diversos ámbitos: cultura contemporánea, museos e exposiciones, artes visuais e audiovisuais, patrimonio cultural e cooperación nacional e internacional. Licenciado en Dereito e en Ciencias Económicas e Empresariais cursou estudos en Historia da Arte. Actualmente ocupa o posto de Subdirector Xeral de Cooperación Cultural coas Comunidades Autónomas na Dirección Xeral de Dereitos Culturais, no que coordina os traballos da Conferencia Sectorial de Cultura, do Consello Xacobeo e das oficinas españolas dos programas europeos Europa Creativa e CERV (Cidadanía, Igualdade, Dereitos e Valores). Dirixe os programas Cultura e Cidadanía, proxecto multidireccional, territorial e descentralizado que promove unha visión social, participativa, crítica e transformadora da cultura, e Cultura e Ruralidades que aposta pola cultura, o pensamento e as artes como dispositivos para a reimaxinación, e a dinamización de espazos e comunidades rurais. Recentemente dirixiu e coordinou as publicacións Pensar y hacer en el medio rural. Prácticas culturales en contexto (Ministerio de Cultura y Deporte, 2020) y la revista PH101 con el título De lo público al bien común: emergencia de otros modelos de gestión del patrimonio cultural (Instituto Andaluz del Patrimonio Histórico, 2020).
Ana Cabana Iglesia
Doutora en Historia pola USC (Premio Extraordinario). Profesora Titular do Departamento de Historia na área de Historia Contemporánea, adscrita ao Campus de Lugo. Membro do Grupo de Investigación Histagra e investigadora do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC). Ten realizado estadías en diversos centros de investigación como a Universidade Nova de Lisboa ou o Cañada Blanch Centre for Contemporary Spanish Studies (London School of Economics and Political Science (Londres) e sido profesora invitada na Universidade de Nova York e no Middlebury College de Vermont (USA). As súas liñas de investigación prioritarias son o estudo das actitudes sociais durante a ditadura franquista, a análise da conflitividade rural durante o franquismo e a transición á democracia e a historia das mulleres e do xénero aplicada á sociedade rural do século XX. Asuntos sobre os que ten realizado diferentes publicacións, entre as máis recentes: Cabana Iglesia, A. et al (2023): “From peasant to housewife. Feminine roles and agriculturaltraining in Franco’s Spain” na revista History and Anthropology ou o libro Cabana Iglesia, A. et al. (2024): Mujeres y agricultura en la política española del siglo XX, Madrid, Cátedra. Na actualidade é a responsable do Fondo documental e de historia oral “Terra e Memoria”.
Yolanda Corredera Anera
Licenciada en Historia e Máster en Arquivística e Xestión de Documentos pola Escuela Superior de Archivística y Gestión de Documentos (ESAGED) da Universidad autónoma de Barcelona. Ampla experiencia en proxectos de transformación dixital especializándose en implantación, estandarización e simplificación de procesos en multinacionais do sector das tecnoloxías da información e as comunicaciones. Actualmente é Directora do Arquivo Comarcal del Baix Llobregat do Departamento de Cultura da Generalitat de Catalunya e secretaria da Xunta Directiva de Archiveros sin Fronteras España.
Adrián Gallero Moreiras
Consultor senior en Red2Red Consultores, área de desenvolvemento rural e sustentabilidade. Graduado en Ciencias Políticas emestrado en Economía social e empresa cooperativa e postfrao en Cidades máis eintelixentes e cidadanía participativa. Experiencia laboral e implicación activista en múltiples proxectos colectivos (xornalismo, ecoloxismo, economía social, educación, ámbito LGTBIQA+), desenvolve o seu traballo na capacidade de transformación social existente desde ámbitos cotidianos como a educación, o consumo, a alimentación, as formas de socialización, etc. Fundador e organizador do Festival Acrocuir da Ulloa.
Eugenio García-Rojo López-Tello
Doutor en Xeografía pola Universidade de Madrid. Formados en proxectos Leader e do Plan Nacional de Desenvolvemento Rural. Coordinador do Proxecto de Cooperación Transnacional “Museos Vivos -Living Museums”.
Lucía Gutiérrez
Estudou medicina en Valencia e especializouse en Medicina Familiar e Comunitaria en Madrid. Fai tres anos mudouse a Galicia coa idea de exercer/traballar de médica rural. Desde entón forma parte do colectivo Agrocuir da Ulloa e participou en diversas asociacións locais vinculadas ao territorio da comarca da Ulloa, como o grupo de consumo O Zuleiro, a Asociación Musical Fiadeira ou o Grupo de Teatro de Antas de Ulla.
Rosa Mary Lamas Casado
Licenciada en Xeografía e Historia pola Universidade de Vigo, ten a especialidade de bibliotecas pola USC. Facultativa Media de Bibliotecas, traballou na Biblioteca do Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, actualmente na Biblioteca do Museo Etnolóxico en Ribadavia. Coordinou e xestionou as tres edicións da Xornada sobre Bibliotecas Especializadas que organizou o Museo Etnolóxico e foi a editora literaria da publicación das actas de dita xornada. Coorganizadora e moderadora do Foro Sectorial: “La bibliotecas especializadas de museos: buenas prácticas para fomentar su visibibilidad” presentado nas 12ª Jornadas Españolas de Documentación, onde se creou o Proxecto colaborativo MUSAS_Bibliotecas de Museos. Foi Secretaria da Comisión Técnica de Cooperación de las Bibliotecas Especializadas do Consejo de Cooperación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura. Forma parte de grupos de traballo do Museo Etnolóxico coa área de Antropoloxía Social da Universidade de Vigo en temas de museoloxía social, feminismo, migracións e memoria. É coautora do libro Museo Aberto. Saltando valados que recolle a experiencia do programa do mesmo nome no que se traballou en tres proxectos sociais con persoas presas, enfermas de alzhéimer e con diversas capacidades. É coautora de artigos sobre bibliotecas especialiazadas e bibliotecas de museos, así como sobre museos sociais.
Ana María López Cuadrado
Licenciada en Historia con Diploma de Estudos Avanzados naa especialidade de Ciencias e Técnicas Historiográficas pola Universidad Complutense de Madrid, Máster en Arqiuvística pola Universidad Carlos III de Madrid e Experto Universitario en Humanidades Dixitais (UNED). Foi xefa do Departamento de Coordinación y Normalización del Archivos Histórico Nacional. Actualmente é Subdirectora Xeral dos Arquivos Estatais.
Ana María Méndez Infanzón
Diplomada en Educación Social e Experta en Xerontología Social pola Universidad da Coruña. Iniciou a súa traxectoria laboral na Biblioteca Municipal “Gonzalo Anes” de Ortiguera (Coaña- Asturias). Nos seus inicios profesionais no ámbito bibliotecario puxo en marcha proxectos “arrisgados” que rompían coa visión tradicional de biblioteca, pero que, pouco a pouco, foron dando resultados visibles en visitas, préstamos e poboación asociada. Aferrándose á creatividad para romper barreiras socioeducativas, xeográficas e de comunicación, deseñou un plan de traballo local que posibilitou encontros positivos e asiduos coa biblioteca, o libro e a lectura; chegando ao público infantil, pero tendo en conta a necesidade de acadar a familia, tendendo pontes con outros axentes socioeducativos. Tamén, perseguindo que a biblioteca cumprise, de forma activa, as funcións cultural, social e educativa. Pero, sobretodo, implicando a poboación de forma protagonista e a través da participación, na promoción do seu crecemento persoal, do territorio, do desenvolvemento social. A función social é a que máis peso tivo no modelo de xestión, recoñecendo a oportunidade da biblioteca pública de ofrecerse como centro neurálxico da vida sociocultural do municipio. Este modelo recibiu numerosos premios e selos que avalan o seu trabajll: “Premio María Moliner ao mellor proxecto de Integración Social” e Selo do Consejo de Cooperación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura; Premio ao Fomento da Lectura da Federación de Gremios de Editores de España, Selo á Parentalidade Positiva do Ministerio de Ben-estar Social, Selo Asturias Compromiso Solidario.
Uxío Novo Rey
Doutorando en Ciencias Sociais e Comportamento na Facultade de Socioloxía, Universidade da Coruña (UDC). Director da Fundación Uxío Novoneyra. Xestor de Proxectos internacionalización, especialmente vinculadas ao financiamento europeo e á Unesco.
Jesús Rey Modia
Licenciado en Historia con mestrado en Servizos Culturais, traballou en diversos proxectos dentro da administración e da empresa privada e tamén estivo á fronte da área de Arquivo e Documentación do diario El Progreso. Desde 2022 é Arquiveiro municipal no Concello de Lugo.
Roberto Soto Arranz
Presidente e fundador da Asociación de Bibliotecas Móviles Profesionales de España (ACLEBIM) e xefe de Sección de Coordinación de Bibliotecas na Diputación de León. Coordinador do Grupo de Traballo do Plan Especial de Atención Rural do Ministerio de Cultura de España, y docente no Máster “La biblioteca como agente de transformación socioeducativa”, da Universidad Complutense de Madrid.
Premio Nacional de Fomento de la Lectura 2013 de ACLEBIM, e Premio REBIUN (Red Española de Bibliotecas Universitarias) de los Bibliobuses León.
Carmen Suárez Nieto
Licenciada en Psicoloxía, Axente de Igualdade de Oportunidades para as Mulleres e Monitorade Inserción de Colectivos en Risco de Exclusión Social. Empezou o seu oficio como dinamizadora social a través das novas tecnoloxías no ano 2001 na Rede de Telecentros de Asturias, unha rede pioneira a nivel nacional e recoñecida polo seu carácter innovador. Traballou como xefa de proxecto na posta en marcha da Rede de Dinamización da Sociedade da Información en Galicia (2007-2010).
Na actualizade é dinamizadora TIC da Rede CeMIT (Centros para a Modernización e Inclusión¡ Tecnolóxica de Galicia) no Concello de San Sadurniño. Impulsora de diferentes proxectos e iniciativas como Fálame de San Sadurniño, Teño unha horta en San Sadurniño, Miradas Novas, Fútbol que Fala, Faladas de Muller ou Chanfaina Lab.