Texto da presentación dos relatorios e comunicacións a continuación en galego (e tamén nesta ligazón). Podes consultar o texto en castellano nesta ligazón.
Datas de presentación:
- Presentación de título e resumo: 15 de xullo. O comité pronunciarase sobre a aceptación das comunicacións (presentación) a partir dos resumos enviados.
- Presentación da comunicacións aceptadas: 15 de setembro. O comité pronunciarase sobre a publicación das comunicacións aceptadas a partir dos textos enviados antes do 15 de setembro
Envío das comunicacións: secretaria@memoriadocumental.gal
Presentación dos textos
Xornadas Días de labor: a memoria do traballo e a súa pegada na sociedade e o territorio
Ferrol, Aula Magna da Facultade de Humanidades e Documentación
25 e 26 de setembro de 2027.
Os relatorios e comunicacións poderán versar sobre calquera aspecto relacionado coa temática das xornadas.
1. Formato
Os manuscritos deben entregarse en forma de ficheiro electrónico, preferentemente en formato Word ou Libre Office.
2. Datos de identificación do artigo
Na primeira páxina indicaranse os seguintes datos do relatorio.
Título e subtítulo, se o houbese, do artigo en letra Calibri, en negrita e cun tamaño de 11 puntos.
Nome da persoa autora, centro de traballo e dirección de correo electrónico, en letra Calibri, en cursiva e cun tamaño de 11 puntos.
Resumo do traballo. O resumo presentarase no idioma no que se redacta o texto e en inglés. Cada un deles contará cunha extensión aproximada de 100 palabras. Recoméndase indicar os obxectivos, a metodoloxía e os resultados. Para o texto do resumo utilizarase letra Calibri de 11 puntos e entreliñado sinxelo.
Palabras chave. Tamén no idioma de redacción do texto e en inglés. Recoméndase presentar entre 5 e 10 palabras chave para indizar o texto e facilitar a súa recuperación. Redactaranse en letra Calibri de 11 puntos, en maiúsculas, separándoas por unha barra precedida e seguida de espazo e cun entreliñado sinxelo.
3. Extensión
O tamaño recomendado dun artigo está entre as 5.000 e 6.000 palabras (notas incluídas).
4. Deseño do texto
O texto debe estar xustificado. Para a redacción utilizarase letra Calibri de 11 puntos e entreliñado sinxelo.
5. Parágrafos
Non se efectuará ningunha sangría ao comezo de parágrafo. O último parágrafo de cada epígrafe irá seguido de dúas liñas en branco que precederán ao título da nova epígrafe.
6. Títulos de apartados
Os títulos das diferentes epígrafes numeraranse e presentaranse coa seguinte xerarquía tipográfica segundo o seu nivel:
Título de epígrafe de primeiro nivel: redactarase en Calibri de 11 puntos e negrita.
Título de epígrafe de segundo nivel: redactarase en Calibri de 11 puntos e negrita.
Título de epígrafe de terceiro nivel: redactarase en Calibri de 11 puntos e cursiva.
7. Ilustracións
Os traballos que incorporen táboas e figuras entregaranse en ficheiros separados. Deberase indicar de forma precisa o lugar no que se deberá situar cada táboa ou figura.
Ao pé de cada unha delas deberase indicar, en Calibri de 11 puntos, o número de orde que lle corresponda e o título descritivo da ilustración.
Exemplos: Táboa 1. Grupos de problemas para a investigación arquivística. Fig. 2. Do antigo ao novo paradigma disciplinar na ciencia arquivística.
8. Referencias bibliográficas
Para a cita bibliográfica utilizarase o sistema autor-data. Cada referencia que se inclúa no texto realizarase indicando o apelido do autor seguido de coma e a data de publicación e, se é necesario, engadirase a páxina, todo iso entre paréntese. Cando un autor conte con varios títulos publicados nun mesmo ano, especificaranse engadindo nas distintas referencias ao ano unha letra minúscula (a, b, c, etc.).
Exemplos:
(Fernández, 2005, p. 15).
(Fernández, 2010a, p. 10).
Ao final do artigo indicarase a bibliografía con todas as referencias bibliográficas completas ordenadas alfabeticamente polo apelido do primeiro autor ou autora, ou do primeiro elemento da referencia, e o ano de publicación. As referencias irán precedidas da palabra «Bibliografía» en negrita e realizaranse segundo os seguintes modelos, cumprindo os estilos prescritos para cada elemento.
Exemplos:
Referencia de monografía:
LERNER, Gerda. (1990). A creación do patriarcado. Barcelona: Crítica.
Referencia de artigo de revista:
COOK, Terry. (2013). “Evidence, memory, identity, and community: four shifting archival paradigms”. Archival Science, n. 12, p. 95-120.
Referencia de capítulo de libro:
MARTÍN REGO, MANUEL. (2014). La formación del clero sevillano. En: Manuel Ruiz Sánchez (ed.), La Iglesia en Andalucía durante la Guerra Civil y el primer Franquismo (pp. 231-253). Universidad de Sevilla, Secretariado de Publicacións.
Referencia de recurso electrónico:
RODRÍGUEZ COYA, Fátima. (2019). «Belixerancia arquivística: profesionais en tempos líquidos». En: Os sistemas de arquivo no século XXI:Profesionais e institucións nos tempos líquidos. II Encontro Olga Gallego de Arquivos. 22·11·2019. p.70-92 http://www.fundacionolgagallego.gal/upload/recursos/cat_2/67/relatorios/50/03_fatima_rodriguez_02.pdf [Consulta: 09/10/2020]
9. Notas
As notas colocaranse ao pé de páxina cun tamaño de letra menor (10 puntos), do mesmo tipo de letra Calibri. As notas no corpo do texto irán colocadas en superíndice numérico (1, 2, 3).
10. Apéndices
Se o artigo ten apéndices, estes engadiranse ao final do texto, despois das notas, introducidos pola palabra «Apéndice» en negriña corpo 14, e o texto en corpo 10.
