Actas Completas

Día 1 de Abril

1) Inauguración

2) Bibliotecas: Perspectiva de xénero e biblioteconomía

  • Perspectiva de xénero en biblioteconomía e Centros de Documentación. Ana M. Muñoz Muñoz, Profesora titular do Departamento de Información e Comunicación da Universidade de Granada. Membro da Comisión do Programa de doutoramento Estudos das Mulleres: Discursos e Prácticas de Xénero, e do Grupo de Investigación: EC3-Avaliación da Ciencia e da comunicación científica
  • Políticas bibliotecarias e perspectiva de xénero. Alexia Luiña López, Directora da Biblioteca Central de Cantabria. Lic. en Bibliot. e Doc.Membro da Comisión de Bibliotecas Públicas e do Comité de Visibilidade en Catálogos da Comisión de Igualdade e Bibliotecas do CCB do Ministerio de Cultura

3) Comunicación: “O arquivo persoal de Ángeles Alvariño: un océano para explorar”. Susana Guitar Novo

4) Información, investigación e feminismo, que esperan das institucións da memoria?

  • Xornalismo: Tamara Montero Barreiro, Licenciada en Xornalismo pola USC, escribe en La Voz de Galicia desde o ano 2008 sobre temas de sociedade e cultura. Vicepresidenta da Asociación de comunicadoras feministas Xornalistas Galegas
  • Investigación:
    • Os arquivos das presas do franquismo, itinerario”: Fernando Hernández Holgado, Profesor de Historia Moderna e Contemporánea da Universidade Complutense de Madrid. Coordinador do portal Memoria da prisión de mulleres de Les Corts da Associació per la Cultura i la Memòria de Catalunya.
    • Como revertir as desigualdades nos museos: cara unha crítica feminista”: Guadalupe Jiménez Esquinas, Profesora de antropoloxía na USC. Doutora pola Universidade do País Vasco e máster en estudos de xénero. O seu traballo céntrase na análise feminista dos procesos de patrimonialización

Día 2 de Abril

5) Arquivos e perspectiva de xénero:

6) Memoria das Mulleres: Fóra de circuíto, fóra das institucións

  • O xiro arquivístico (archival turn) desde as marxes: unha análise do lugar do arquivo no activismo feminista e no monacato feminino. Núria Jornet Benito, Docente en arquivística, arquivos persoais e coleccións patrimoniais, paleografía e cultura escrita no Departamento de Biblioteconomía, Documentación e Comunicación Audiovisual da Univ. de Barcelona. Tese sobre a fundación do primeiro mosteiro de Clarisas e do seu arquivo monástico.
  • Memoria social: Arquivo de Vite: ViteArquiva: un barrio de memoria:
    • Paula Ballesteros Arias, Antropóloga e arqueóloga. Participa en proxectos nos que se vincula o patrimonio inmaterial e a participación comunitaria. Actualmente técnica de investigación do Incipit CSIC. Forma parte de ViteArquiva.
    • Brais Santomil Cao, Estudos en Filoloxía galega. Coordinador de ViteArquiva.

7) Museos: perspectiva de xénero e divulgación

  • Perspectiva de xénero e museoloxía. Marián López Fernández Cao, Profesora de Arteterapia e Educación Artística na Facultade de Educación. Vicepresidenta de European Consortium of Arts Therapies Education, e Directora do Grupo de Investigación Aplicación da Arte: da arte á inclusión social.
  • Divulgación histórica e perspectiva feminista. Marga Sánchez Romero, Catedrática de Prehistoria na Univ. de Granada e membro do Instituto Universitario de Investigación de Estudos das Mulleres e de Xénero. A súa investigación céntrase na Arqueoloxía das Mulleres e as relacións de xénero

 

8) Conferencia de clausura: “A memoria xenealóxica imaxinal: de Eurídice a María Casares, unha viaxe”. Marifé Santiago Bolaños

Conferencia de clausura de Marifé Santiago Bolaños, Escritora e doutora en Filosofía pola Univ. Complutense. Profesora de Estética e Teoría das Artes na Univ. Rey Juan Carlos. Patrona da Fundación María Zambrano e Académica da Real Academia de Historia y Arte de San Quirce. Membro da Academia das Artes Escénicas de España e Vicepresidenta de “Clásicas y Modernas” asoc. para a igualdade entre mulleres e homes na cultura.