Xornadas: As mulleres, a información e os centros da memoria
Relatoras e relatores
María Xosé Agra Romero: Conferencia inaugural, Arredor da Memoria: Redes de transmisión
Contido: Ao fío da temática destas Xornadas, achegará reflexións arredor da memoria das mulleres e os seus problemas: esquecemento, exclusión, silenciamento, ocultación ou invisibilización, facendo especial fincapé na falla de transmisión. Partindo dos estudos feministas e de xénero dos últimos anos sobre a historia e a memoria, repararase, dun lado, na importancia dos vestixios, anacos ou fragmentos, así como dos contextos, das condicións de produción das súas empresas teóricas, artísticas, culturais, das redes persoais e profesionais. Doutro, amosarase a necesidade das redeiras e das redes de transmisión, e de información, para o que bibliotecas, arquivos, museos e centros de documentación son imprescindibles, en tanto que centros da memoria.
Currículo: Doutora en Filosofía pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Catedrática xubilada de Filosofía Política da USC, na actualidade colaboradora do Grupo de investigación Xustiza e Igualdade (USC). A súa investigación céntrase na filosofía política contemporánea, nas teorías da xustiza e na teoría crítica feminista. É autora de libros e artigos en monografías e revistas especializadas sobre xustiza social e política, igualdade, cidadanía, multiculturalismo, ecofeminismo, vulnerabilidade e violencia. Formou parte, desde a súa fundación, do CIFEX (Centro de Investigacións Feministas e Estudos de Xénero) da USC. Foi membro electo do Plenario do Consello da Cultura Galega e Coordinadora de Igualdade.
Entre os seus escritos máis recentes: ¿Olvidar a Clitemnestra? Sobre justicia e igualdad (USC, Editora, 2016); Introducción a Ursula Hirschamnn: nosotros, sin patria” (Edicions Bellaterra, 2019); “Vulnerabilidad e injusticia estructural: a propósito de la ‘penuria’ de la vivienda”, en Paleo, Natalia (ed.), Políticas y derecho a la vivienda; gente sin casa y casas sin gente (Tirant lo Blanch, 2020); Sin perder el rastro: pensando políticamente la igualdad (Las Torres de Lucca, Vol. 9, nº 17, 2020); “Encrucilladas da vulnerabilidade” (Grial, nº 231, 2021); “Pensando políticamente la igualdad” en Valdivielso, Joaquín (ed.) (2021); Democracia en estado de alarma: sujetos emergentes y esfera pública (Madrid: Plaza y Valdés) (en prensa).
Paula Ballesteros e Brais Santomil: ViteArquiva: un barrio de memoria
Contido: ViteArquiva é un proxecto que nace da vontade de coñecer e de contar a historia dun barrio desde o propio barrio. Vite (Santiago de Compostela) é un espazo urbano de vivendas sociais de finais dos anos 70 do pasado século, un dos lugares máis organizados a nivel asociativo sendo referente na loita veciñal tanto para a cidade como para o resto do Estado. Este feito marcará a identidade dun barrio que quere ser contado e lembrado.
Partimos dun proceso colaborativo no que os diferentes axentes veciñais levan a cabo unha inmersión da súa historia a través da recompilación do seu patrimonio material e inmaterial organizándoo de xeito espontáneo e autoxestionado. Pretende ser un espazo onde a memoria da veciñanza poida quedar depositada e salvagardada creando así unha infraestrutura social de coñecementos compartidos e perdurábel no tempo.
Currículo:
Paula Ballesteros-Arias: Antropóloga e arqueóloga. Participa en proxectos nos que se vincula o patrimonio inmaterial e a participación comunitaria. Actualmente combina a creación escénica e actoral co coñecemento adquirido no eido das Ciencias Sociais. Actualmente técnica de investigación do Incipit CSIC. Forma parte de ViteArquiva.
Brais Santomil: Con estudos en Filoloxía galega, veciño do barrio de Vite e coordinador de ViteArquiva. Forma parte do proxecto desde o comezo.
Fernando Hernández Holgado: Os arquivos das presas do franquismo: itinerarios
Contido: A ponencia versará sobre a documentación relativa á represión feminina do franquismo no Estado español, particularmente a de carácter penitenciario dispersa actualmente en distintos organismos (Arquivos Históricos Provinciais, Arquivo Xeral do Ministerio do Interior, Arxiu Nacional de Catanlunya, arquivos de centros penitenciarios, etc). Incluirá tamén unha interpretación sobre a súa análise e tratamento interpretativo en relación con outras fontes, desde outras de tipo documental (sumarios xudiciais militares) ata as fontes orais e memorialísticas conservadas.
Currículo: Profesor no departamento de Historia Moderna e Historia Contemporánea da Universidade Complutense de Madrid (UCM). Autor de Mujeres encarceladas. La prisión de Ventas: de la República al franquismo (1931-1941) (Marcial Pons, 2003), doctorouse en 2010 pola UCM coa tese La Prisión Militante. Las cárceles franquistas de mujeres de Barcelona y Madrid (1939-1945), que en 2012 foi galardoada co VI Premio de Teses Doutorais da AEHIM (Asociación Española de Investigación de Historia das Mulleres). Coordinador desde 2007 do portal web Memoria da prisión de mulleres de Les Corts (www.presodelescorts.org) da Associació per la Cultura i la Memòria de Catalunya (ACMe).
Guadalupe Jiménez-Esquinas: Cómo revertir las desigualdades en los museos: hacia una crítica feminista
Contido: Cal é a función dos museos na sociedade contemporánea? Nos últimos tempos atendemos a unha reformulación dos museos partindo da base de que non son espazos neutros senón que, lonxe desta pretensión, viñeron silenciando historias difíciles, complexas e infrarrepresentando a amplos sectores da nosa sociedade.
Nesta comunicación expoño a pertinencia de adoptar unha perspectiva crítica feminista no ámbito do patrimonio e os museos, co obxectivo de non seguir perpetuando roles e estereotipos, así como para romper coas dinámicas que xeran desigualdades propoñendo unha necesaria despatriarcalización das institucións. A ausencia de mulleres ou a súa representación estereotipada incide na minusvaloración, a banalización ou ridiculización do que se asocia co feminino, reproducindo a violencia simbólica. Pero, ademais de evidenciar os desequilibrios nos espazos expositivos de autoras e creadoras, as ausencias na xestión das institucións culturais e na toma de decisións, expoño como necesidade atender ás condicións económicas nas que se están facendo cargo da reprodución social da cultura.
Currículo: Profesora de antropoloxía na USC. Doutora internacional pola Universidade do País Vasco (2018), máster en estudos de xénero (2010, CSIC-UIMP), licenciada en antropoloxía (UCM, 2009) e diplomada en enfermaría (UCO, 2005). Realizou a súa tese de doutoramento no Instituto de Ciencias do Patrimonio do CSIC. O seu traballo enmárcase nos estudos críticos do patrimonio e céntrase na análise feminista dos procesos de patrimonialización. Xunto ao seu grupo de investigación tamén desenvolveu estudos sobre a participación social na xestión patrimonial. Ten publicados case 30 artigos e capítulos, destacando o seu libro “Del paisaje al cuerpo: la patrimonialización de la Costa da Morte desde la antropología feminista” (2021). No 2018 recibiu o premio Micaela Portilla á mellor tese sobre estudos feministas, 2017 premio da USC á introdución da perspectiva de xénero na investigación. Ademais da súa traxectoria académica, tamén é nai dende 2011.
Núria Jornet Benito: O xiro arquivistico (archival turn) desde as marxes: unha análisise do lugar do arquivo no activismo feminista e no monacato feminino. Un ensaio
Contido: o archival turn ou xiro arquivístico que se desenvolveu en Humanidades e Ciencias Sociais permitiu situar o centro do discurso nas estratexias ao redor do arquivo, enriqueceu a interpretación histórica e visibilizou a axencia das mulleres neste ámbito da xestión documental que é tamén xestión da memoria. Así mesmo, propicia entender o arquivo como algo que existe alén dos límites das institucións que historicamente autorizaron a súa existencia.
O obxectivo desta ponencia é analizar, desde esta perspectiva, dous movementos e espazos de mulleres, moi diferentes no seu perfil e cronoloxía: o movemento feminista da década dos 60 e o seu “impulso” por crear arquivos intimamente vinculados ao seu activismo político; o papel de algunhas arquivistas monásticas de época moderna e medieval. Nun e noutro caso podemos entender a súa actuación desde as marxes: esquecidas até pouco da historia e do discurso oficial.
Currículo: Medievalista e arquivista, con tese sobre a fundación do primeiro mosteiro de clarisas en terras catalás e da configuración do seu arquivo monástico. Profesora titular do Departamento de Biblioteconomía, Documentación e Comunicación Audiovisual da Universidade de Barcelona, con docencia en arquivística, arquivos persoais e coleccións patrimoniais, paleografía e cultura escrita.
Investigación centrada na historia do monacato feminino peninsular, especialmente da orde clarisa; dirixiu diversos proxectos de investigación (CLAUSTRA, Paisaxes espirituais, Paisaxes monásticas) e participa en proxectos europeos en torno a esta temática (Sorores-Les religieueses non cloîtrés en Europe du Sud, XII-XVIII ss., F-Atlas Franciscan Landscapes). No ámbito dos arquivos, especializouse na historia arquivística dos mosteiros femininos e no papel das arquivistas monásticas e na configuración dos arquivos e da memoria dos feminismos.
Marián López Fernández-Cao: Perspectiva de xénero e museoloxía
Currículo: Catedrática da Universidade Complutense de Madrid. Profesora de Arteterapia e Educación Artística na Facultade de Educación da mesma universidade. Vicepresidenta de ECARTE, European Consortium ofArts Therapies Education. Directora do Grupo de Investigación Aplicación da arte á inclusión social. Directora da revista científica SCOPUS “Papeles de Arteterapia y Educación Artística para la Inclusión Social. Directora da colección editorial “Posibilidades de Ser a través del arte”. Coordinadora do proxecto iberoamericano “As mulleres cambian os museos: da igualdade á Equidade”. Investigadora principal do proxecto europeo POWER, exploring gender through Art. Coordinadora do convenio con Save the Children, para a axuda á infancia vulnerada a través da arte.
Foi fundadora e coordinadora do Máster en Arteterapia e Educación Artística para a Inclusión Social, dos estudos de doutoramento en Arte e Inclusión Social. Directora do Instituto de Investigaciones Feministas. Impulsora do Máster en Estudos Feministas na UCM. Directora do programa internacional Escola Complutense Latinoamericana. Membro do colectivo En pie de Paz e socia fundadora da Sección española WILPF, Women International League for Peace and Freedom. Dirixiu varias teses sobre Educación Artística, Arteterapia e Arte e Inclusión social e dirixiu tamén varios proxectos europeos sobre arte, inclusión e xénero. Investigadora Principal de proxectos I+D e realizou traballos para diferentes administracións sobre Arte, igualdade de xénero, museos, inclusión e Arteterapia. Entre as súas publicacións destacan: “Para qué el arte: reflexiones sobre el arte y la educación en tiempos de crisis” (Fundamentos, 2015); “Arteterapia” (Tutor, 2006); “Aletheia: dar forma al dolor” vol I y II (2018 y 2020); “Pintando el mundo: diccionario de pintoras españolas y latinoamericanas” (Horas y Horas); “Mulier me fecit: arte y educación desde el feminismo” (Horas y Horas, 2001); “Imagen, memoria e identidad” (Eneida, 2006). Actualmente prepara unha edición na Ed. Routledge sobre arteterapia.
Olimpia López Rodríguez: Nosoutras e os arquivos; apuntamentos para unha arquivística feminista
Contido: É necesario falar de arquivos e mulleres? Pór en cuestión a neutralidade dos arquivos; analizar os nesgos que impregnan o traballo arquivístico e expor a obriga legal da aplicación da perspectiva de xénero conformará o punto de partida do relatorio. Continuará cunha reflexión sobre o inicios dos estudos sobre os arquivos, as mulleres e a perspectiva feminista. Para rematar aprofundando sobre que é e como se constrúe unha arquivística feminista.
Currículo: Facultativa Superior de Arquivos da Xunta de Galicia, na actualidade no Arquivo Xeral Territorial de Lugo.
Publicou diversos traballos relacionados coa arquivística, os arquivos e a perspectiva de xénero ou as fontes documentais. É membro de Bamad-Galicia e na actualidade a súa presidenta, do padroado da Fundación Olga Gallego e da Sección de Patrimonio e Bens Culturais do Consello da Cultura Galega.
Entre as súas publicacións sobre arquivos e perspectiva de xénero destacan: Los archivos y las personas; la pandemia, una oportunidad. Artigo publicado en 2020 na revista Tábula, (23); Informe sobre os arquivos públicos en Galicia. Unha perspectiva de xénero e feminista (Santiago: Consello da Cultura Galega, 2019); Arquivos públicos: procesos de traballo e visibilidade das mulleres. A cara oculta da Lúa. Ponencia das IV Xornadas de Xénero e documentación (2017); Arquivos públicos e perspectiva de xénero: Estado da cuestión desde Galicia, Consello da Cultura Galega; Os arquivos municipais de Galicia e os profesionais : onde están , onde estamos, nas II Xornadas Olga Gallego de Arquivos: Os arquivos de administración local: política, planificación e sistemas fronte ao cambio (2017).
Alexia Luiña López: Políticas bibliotecarias e perspectiva de xénero
Contido: O Consejo de Cooperación Bibliotecaria, como órgano colexiado de composición interadministrativa para a cooperación bibliotecaria, inclúe no seu Plan estratéxico 2019-2022 a igualdade como eixo transversal para a súa actividade. Para isto constitúe unha Comisión de Igualdade e Bibliotecas na que están representados profesionais das distintas tipoloxías de bibliotecas e organizacións dedicadas a contribuír á igualdade de xénero. Preséntanse os obxectivos, as liñas de traballo e os resultados obtidos até o momento por esta Comisión.
Currículo: Directora da Biblioteca Central de Cantabria. Diplomada en Biblioteconomía e Documentación, Licenciada en Documentación e DEA no programa de doutoramento Metodoloxías e liñas de investigación en Biblioteconomía e Documentación da Universidade de Salamanca. Membro da Comisión Técnica de Bibliotecas Públicas e de varios grupos de traballo do Consejo de Cooperación Bibliotecaria do Ministerio de Cultura, entre eles o Comité de Visibilidade en Catálogos da Comisión de Igualdade e Bibliotecas.
Mariám Mariño Costales: Arquivos e feminismo. A experiencia no Centro de Documentación en Igualdade e Feminismos do Consello da Cultura Galega (CDIF-CCG)
Contido: A creación do CDIF, foi aprobada polo Pleno do Consello da Cultura Galega en 2019. Acumula 17 anos de experiencia dentro da institución. Son 17 anos de liñas de traballo, de aplicacións prácticas deseñadas desde diferentes olladas de xénero e/ou feministas que se suman. Unha destas liñas de traballo, é a que se ocupa da recuperación arquivística, bibliográfica e documental, da memoria das mulleres, do movemento feminista organizado e das súas producións en Galicia. Era e continúa sendo un patrimonio a pór en valor e a disposición pública. Nesta exposición, darase conta desta liña de traballo e dos seus resultados.
Currículo: Licenciada en Filosofía con grao pola Universidade de Santiago de Compostela e Investigadora en temas de Antropoloxía Aplicada, e Mestrado en Educación, Xénero e Igualdade. Como investigadora no ámbito da antropoloxía feminista, os seus temas de traballo son: exclusión e discriminación social, sexualidade, espazo, sexo/xénero, feminismos, redes sociais e construción de identidades. Ten publicados artigos sobre a etnografía, a relación mulleres e museos, a presenza de mulleres nos rueiros urbanos, as organizacións de lesbianas e tamén sobre a educación e a sexualidade no movemento feminista organizado en Galicia. Desde 2005 desenvolve traballos de asesoramento, asistencia técnica, investigación e documentación para as liñas de Igualdade do Consello da Cultura Galega. Entre as tarefas realizadas neste contexto salientan a coordinación técnica do Álbum de mulleres, a realización de tarefas de coordinación e edición de A Saia. Publicacións periódicas feministas, das xornadas Xénero e Documentación I, II e III, ou a coautoría dos informes Recuperación da documentación e memoria do Movemento Feminista Organizado en Galicia, e Sobre arquivos públicos en Galicia.
Tamara Montero Barreiro: Hemeroteca non é un nome feminino
Contido: Son as hemerotecas fiel reflexo do devir cotián dunha sociedade? Poden, pero tamén reflicten que a esfera pública sempre (ou case) leva nome de varón e que a memoria, o pensamento e opinión das mulleres queda espallada, oculta, nas páxinas dos xornais. A través do exemplo concreto do estudo As mulleres na opinión, co que Xornalistas Galegas gañou o premio Comunicar en Igualdadade 2019, demostrase que, malia a ser fonte inesgotable de información polo miúdo da sociedade dun momento dado, mergullarse na opinión publicada é tamén un exercio de exhumación da historia das mulleres, porque hemeroteca tampouco é un nome feminino
Currículo: Licenciada en Xornalismo pola USC, escribe en La Voz de Galicia dende o ano 2008 sobre temas de sociedade e cultura. Gañadora do XIII Premio Fernández del Riego de xornalismo de opinión. Mención especial do LXXIX Premio Pérez Lugín de Xornalismo da Asociación da Prensa da Coruña. Vicepresidenta da Asociación de comunicadoras feministas Xornalistas Galegas
Ana M. Muñoz Muñoz: Perspectiva de xénero e biblioteconomía
Contido: Liña de investigación centrada na documentación desde unha perspectiva de xénero centrada principalmente en: Mulleres e ciencia: produción científica desde unha perspectiva de xénero, e Fontes de información para os Estudos das Mulleres e de Xénero.
Currículo: Profesora titular do Departamento de Información e Comunicación da Universidade de Granada. Forma parte da Comisión académica do Programa de doutoramento Estudos das Mulleres: Discursos e Prácticas de Xénero e membro do Grupo de Investigación: EC3-Avaliación da Ciencia e da Comunicación Científica.
Foi Directora do Instituto Universitario de Investigación de Estudos das Mulleres e de Xénero; coordinadora do Programa Oficial de Doutoramento e Vicedecana na Facultade de Comunicación e Documentación.
Algúns libros e artigos publicados: Mujeres y libros (Granada, 2010); Mujer y ciencia: La situación de las mujeres investigadoras en el sistema español de ciencia y tecnología (2ª ed. Madrid, 2007); Cuerpos de mujeres: miradas, representaciones e identidades (Granada, 2007); Presencia y producción científica de las profesoras en la Universidad de Granada (1975-1990) (Granada, 2006). Challenges and difficulties in Librarianship and Documentation research with gender perspectives (Researching with GEMMA. Peter Lang, 2022), Representación iconográfica de las mujeres en la publicidad de perfumes (Signa: Revista de la Asociación Española de Semiótica, 2019), Women photographers in Europe: a fresh, feminine approach (Collection and Curation, 2018); The presence of women photographers in the permanent collections of ten European museums (Curator: The Museum Journal, 2017), La construcción de la imagen de las mujeres: net.art y medios de comunicación (Historia y Comunicación Social, 2017), Análisis bibliométrico de la situación de las mujeres investigadoras de Ciencias Sociales y Jurídicas en España (Revista Española de Documentación Científica, 2011), Red de Centros de Documentación y Bibliotecas de Mujeres: cooperación entre las bibliotecas feministas españolas (El profesional de la información, 2010).
Margarita Sánchez Romero: Divulgación histórica e perspectiva feminista
Contido: Investigación centrada na Arqueoloxía das Mulleres e as relacións de xénero; análise no estudo da cotidianidade, as actividades de mantemento e o corpo, e na Arqueoloxía da Infancia, con especial interese nos procesos de aprendizaxe e socialización, nas sociedades da Prehistoria Recente do Sur da Península Ibérica.
Currículo: Catedrática de Prehistoria no Departamento de Prehistoria e Arqueoloxía da Universidade de Granada e membro do Instituto Universitario de Investigación de Estudos das Mulleres e de Xénero. Foi bolseira posdoutoral no Departamento de Arqueoloxía da Universidade de Durham (Reino Unido), e realizou estancias de investigación e docencia en varias universidades europeas e americanas. Na actualidade é IP do grupo de investigación HUM065 GEA: Cultura material e identidade social no sur da Península Ibérica nos proxectos Pastwomen: na procura das mulleres do pasado da Fundación española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT) (2020-2021) e Tecnoloxías do corpo: investigación, innovación e difusión da (Pre)Historia das Mulleres. BodyTales: proxectos de I+D+I, do Plan Andaluz de Investigación, Desenvolvemento e Innovación. Foi Directora do Instituto Universitario de Estudos das Mulleres e de Xénero da Universidade de Granada e Directora Xeral de Bens Culturais da Consellaría de Cultura da Junta de Andalucía.
En relación a estes temas ten publicado artigos en revistas como Antiquity, Trabajos de Prehistoria, Oxford Journal of Archaeology, Childhood in the Past or Journal of Archaeological Science, Radiocarbon, Journal of Anthropological and Archaeological Science e coordinado monografías e artigos en diferentes editoriais, e organizado cursos e seminarios sobre estas temáticas. Recibiu varios premios como investigadora e divulgadora sobre temas da Muller na Ciencia. Presidenta da Asociación Española de Investigación en Historia das Mulleres (AEIHM) (2018-2020), co-presidenta de Archaeology and Gender in Europe (2018-2020), vicepresidenta de AMIT-Andalucía; membro do Comité de dirección da Society for the Study of Childhood in the Past, e da Comisión Técnica do Conxunto Arqueolóxico Dólmenes de Antequera e membro do International Advisory Council of Peace History Society (USA).
Marifé Santiago Bolaños: Conferencia de Clausura, A memoria xenealóxica imaxinal: de Eurídice a María Casares, unha viaxe
Currículo: Escritora e doutora en Filosofía pola Universidade Complutense de Madrid. Profesora Titular de Estética e Teoría das Artes na Universidade Rey Juan Carlos de Madrid.
Patroa da Fundación María Zambrano e Académica da Real Academia de Historia y Arte de San Quirce. Forma parte da Academia das Artes Escénicas de España e Vicepresidenta de “Clásicas y Modernas” asociación para a igualdade entre mulleres e homes na cultura. Foi directora Xeral do Departamento de Educación e Cultura da Presidencia do Goberno de España. Polo seu labor como xestora cultural recibiu a Encomenda de Número da Orde do Mérito Civil (Goberno de España) e a Comenda da Ordem do Infante D. Henrique (Goberno de Portugal)
Os seus estudos céntranse no diálogo entre a Filosofía e a creación artísitica, e o teatro como camiño de coñecemento, que se reflicten en conferencias impartidas en encontros internacionais, dirección de congresos científicos, ensaios, catálogos artísticos e libros como La mirada atlántica: literatura gallega y peregrinación interior; La palabra detenida: una lectura del símbolo en el teatro de Buero Vallejo; Mirar al dios: el Teatro como camino de conocimiento; Marina Tsvietáieva y María Zambrano y Bailar sobre el demonio del olvido: apuntes para una estética de la danza.
No ámbito da creación literaria, algunhas das súas obras son as novelas El tiempo de las lluvias; Un ángel muerto sobre la hierba; El jardín de las favoritas olvidadas; La canción de Ruth. Os libros de poemas: Tres cuadernos de bitácora; Celebración de la espera; El día, los días; La orilla de las mujeres fértiles; El país de los pequeños placeres; Nos mira la piedad desde las alambradas; Las constelaciones del Capitán, Teoría de los matices; Mapa de silencio o La violencia es una veta miserable que cubrimos con canciones. E texto teatral Cuadernos de la niña escondida.