Xornadas: As mulleres, a información e os centros da memoria
As comunicacións poderán ser presentadas presencial ou virtualmente, opción de participar telematicamente!
Comunicacións. Normas de presentación
Prazo de presentación
Até o 15 de marzo de 2022
Correo electrónico de envío: secretaria@memoriadocumental.gal
Avaliacións
As comunicación serán avaliadas polo comité científico
Publicación
Todas as comunicación aceptadas de persoas que acrediten a súa asistencia publicaranse nas Actas das Xornadas, que terán formato electrónico, estarán accesibles de forma permanente na páxina das Xornadas, da Fundación Olga Gallego e na de BAMAD-Galicia
Contacto
Indicarase un correo electrónico e número de teléfono
Presentación de comunicacións
1. Formato
Os manuscritos deben entregarse en forma de ficheiro electrónico, preferentemente en formato Word.
2. Datos de identificación do artigo
Na primeira páxina indicaranse os seguintes datos do relatorio:
Título e subtítulo, se o houber, do artigo cun tipo de letra Arial en negriña e un tamaño de 16 puntos.
Nome da persoa autora, centro de traballo, e correo electrónico, cun tipo de letra Arial en cursiva e un tamaño de 12 puntos.
Resumo do traballo. O resumo presentarase no idioma que se redacta o texto e en inglés. Cada un deles contará cunha extensión aproximada de 100 palabras, recoméndase indicar os obxectivos, metodoloxía e resultados. Para o texto do resumo utilizarase o tipo de letra Arial cun corpo de 12 puntos e un entreliñado sinxelo.
Palabras chave. Tamén no idioma de redacción do texto e en inglés. Recoméndase presentar entre 5 e 10 palabras chave para indizar o texto e facilitar a súa recuperación. Redactaranse en letra Arial cun corpo de 12 puntos, en maiúsculas, separándoas por unha barra precedida e seguida de espazo e un entreliñado sinxelo.
3. Extensión
O texto non superará as 5.000 palabras.
4. Deseño do texto
O texto debe estar xustificado. Para a redacción utilizarase o tipo de letra Arial cun corpo de 12 puntos e un entreliñado sinxelo.
5. Parágrafos
Non se efectuará ningunha sangría ao comezo de parágrafo. O último parágrafo de cada epígrafe irá seguido de dúas liñas en branco que precederán ao título do novo epígrafe.
6. Títulos de apartados
Os títulos dos diferentes epígrafes numeraranse e presentaranse coa seguinte xerarquía tipográfica segundo o seu nivel:
Título de epígrafe de primeiro nivel : redactarase en Arial de 14 puntos e negrita
Título de epígrafe de segundo nivel : redactarase en Arial de 12 puntos e negrita
Título de epígrafe de terceiro nivel : redactarase en Arial de 12 puntos e cursiva
7. Ilustracións
Os traballos que incorporen táboas e figuras entregaranse en ficheiros separados. Deberase indicar de forma precisa o lugar en que se deberá situar cada táboa ou figura. Ao pé de cada unha delas deberase indicar, en Arial de 10 puntos, o número de orde que lle corresponda e o título descritivo da ilustración.
Exemplos:
Táboa 1. Profesionais en arquivos históricos
Fig. 2. Debuxo de Antonia Fernández
8. Referencias bibliográficas.
Para as citas bibliográficas utilizarase o sistema autor-data. Cada referencia que se inclúa no texto realizarase indicando o apelido do autor seguido de coma e a data de publicación, e se é necesario engádese a páxina, todo iso entre paréntese. Cando un autor conte con varios títulos publicados nun mesmo ano especificaranse estes engadindo nas distintas referencias ao ano unha letra minúscula (a, b, c, etc.).
Exemplos:
(Fernández, 2005, p. 15)
(Fernández, 2010a, p. 10)
Ao final do artigo indicarase a bibliografía con todas as referencias bibliográficas completas ordenadas alfabeticamente polo apelido do primeiro/a autor /a ou do primeiro elemento da referencia e o ano de publicación. As referencias irán precedidas da palabra “Bibliografía” en negriña cun tipo Arial de 14 puntos e realizaranse segundo os seguintes modelos e cumprindo os estilos de fontes prescritos para cada elemento:
Exemplos:
Referencia de monografía:
LERNE, Gerda. (1990). La creación del patriarcado. Barcelona: Crítica.
Referencia de artigo de revista:
COOK, Terry. (2013). Evidence, memory, identity, and community: four shifting archival paradigms. ArchivalScience. n. 12, p. 95-120.
Referencia de capítulo de libro:
Martín Riego, Manuel. (2014). “La formación del clero sevillano”. En Manuel Ruiz Sánchez (Ed.), La Iglesia en Andalucía durante la Guerra Civil y el primer Franquismo (p. 231-253). Universidad de Sevilla, Secretariado de Publicaciones.
Referencia de recurso electrónico:
RODRÍGUEZ Coya, Fátima. (2019). “Beligerancia archivística: profesionales en tiempos líquidos”. En: Os sistemas de arquivo no século XXI:Profesionais e institucións nos tempos líquidos. II Encontro Olga Gallego de Arquivos. 22·11·2019. p.70-92 http://www.fundacionolgagallego.gal/upload/recursos/cat_2/67/ponencias/50/03_fatima_rodriguez_02.pdf [Consulta: 09/10/2020]
9. Notas
As notas colocaranse ao pé de páxina cun tamaño de letra menos (10 puntos) do mesmo tipo de letra Arial.
As notas no corpo do texto irán colocadas en superíndice numérico (1, 2, 3).
10. Apéndices
Se o artigo ten apéndices, estes engadiranse ao final do texto, despois das notas, introducidos pola palabra “Apéndice” en negriña corpo 14, e o texto en corpo 10